(cargando...)
Castellano  Castellano  Gallego  Gallego
-->

Quen Somos

Benvidos!

A asociación C.R.D. O'Castro congratulase de presentar a súa web site oficial. Dende O´Castro queremos dar unha calurosa benvida a tódo-los visitantes.

Con esta web, pretendemos dar un paso adiante e darnos a coñecer a todo o mundo, ofrecendo un punto de encontro entre O'Castro e tódolos seus simpatizantes.

A Sociación Cultura, Recreativa e Deportiva O´Castro, de Miño, celebrou no 2006 o vintecinco aniversario da sua fundación: nada mais e nada menos que as suas vodas de prata. Aquela data que soñamos durante tanto tempo converteuse en realidade hai xa dous largos anos. Cumprir 25 anos de traxectoria deunos un novo impulso con renovadas enerxías.

Neste sitio web, na que ti, querido lector e seguro que socio, amigo ou seguidor das actividades desta agrupación, estás a navegar forma parte dos obxetivos que a xunta directiva se marcou durante aquela data tan significativa. Esta web, (todos temos que modernizarnos), é un obsequio a tódolos socios que se veñen mostrando tan xenerosos con esta sociedade e cos seus compoñentes, ata o punto de ser pezas vitais para o normal funcionamento da mesma.

É natural que no capítulo de agradecementos os cocios ocupen un papel destacadísimo, de primeira orde, pola súa constancia, fidelidade e pola súa total confianza na actuación e as iniciativas nas diferentes xuntas directivas que pasaron ao longo destas dúas décadas e media da existencia de O'Castro.
Foron máis de sesenta os directivos que pasaron pola xunta ao longo destes vintecinco anos e en todos estes hai que recoñecer o seu traballo e sacrifizo pola sociedad dos seus amores, volcandose con ela en corpo e alma, tanto na época na que foron os reitores como cando non perteñecían a ela como directivos. Dende aquí a nosa sentida emocionada homenaxe para eles, especialmente para os que xa non se atopan entre nós.

Naturalmente, dende esta páxina queremos facer un chamamento a estos mismos socios con un compoñente de xuventude moi importante neles, o que augura un futuro ilusionante para que segan aunando esforzos co fin de que O´Castro chegue ainda máis alto do que chegou.

Pero tamén outro brilaron con luz propia no papel da sociedade miñense. Estas foron diferentes institucións púbricas e persoais, que apoiaron O´Castro sempre que tivo necesidad delas. Entre as primeiras cumpre destacar ineludiblemente a Xunta de Galicia e a Diputación Provincial de A Coruña e o Concello de Miño. Sempre estiveron cando se lles foran necesarias.
 
Xunta de Galicia Deputacion Concello de Miño caixa galicia rubrica Madero MaderoArteixoCoca-cola Moncina
© 2008-2010 O'Castro